Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Combo Dominicano anima o primeiro día de degustación na Festa do Choco

panorama 2

A Orquestra Panorama abría a festa cun concerto na noite deste xoves

Os amantes do choco poderán xa a partir das 19:30 horas de hoxe achegarse aos stands instalados na carpa de degustación para saborear os diferentes pratos que alí se ofrecen. Chocos na súa tinta, con arroz, a plancha ou empanada de choco serán os protagonistas dun evento que arrancaba onte coa actuación da orquestra Panorama que fixo vibrar o Campo da Feira e que se prolongará ata o domingo con verbenas, música, baile e a III edición das Xornadas gastronómicas.

Unhas xornadas nas que participarán cun menú especial os locais Gatrobar 78, Adega , Antolín, Casa Consejo, Casa Mucha, Meraki, Novo Royalty, Os Amigos, O xantar de Otelo, Cafetería tapería Patri e Restaurante Lemos. Locais que ofrecerán pratos diversos como twister crocante de choco,tortilla de choco, brocheta de choco, croquetas de choco con queixo de arzúa, fabas con choco, hamburguesa de choco e tetilla, lasaña de choco ou os tradicionais arroz con choco e choco na súa tinta, entre outras moitas especialidades.

Unha festa que hoxe venres ofrece dúas citas musicais. Ás 10:00 horas actuación da orquestra de saxos e as 23:00 horas novo espectáculo a cargo do Combo Dominicano.

Na fin de semana a carpa abrirá xa as súas portas as 10:30 horas. O sábado ademais teremos a posibilidade de achegármonos a unha showcooking a cargo de David Couñago ás 13:15 horas e gozar co baile tanto moderno como clásico que se poderá ver nas prazas da vila a partir das 17:00 horas. A música mañá correrá a cargo da rondalla de Redondela ás 20:00 horas cun concerto na Alameda e as 23:00 horas nov verbena neste caso amenizada pola orquestra La Fórmula.

O domingo os integrantes da agrupación de Títeres taxarina serán os encargados do pregón ás 12:30 e a continuación tamén na carpa soará a música de Gure Terra. Pola tarde concertos Tanto nos ten, Budiño a partir ds 20:00 horas e pechará a festa deste ano a músiia de Lontreira ás dez da noite.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará