Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival de Títeres recupera a súa programación completa trala pandemia

titeres

Foto: Cal3

Redondela volve converterse na capital dos títeres cunha intensa programación que se desenvolverá do 15 ao 21 de maio e na que se recupera a programación escolar e a ruada “mortos de risa” que levaba tres anos sen facerse pola pandemia. Un total de 27 compañías ofrecerán os seus espectáculos tanto de sala como de rúa con actuacións en nove espazos ao aire libre aos que por primeira vez súmase este ano a rencén remodelada Praza de Ponteareas.

Luis Crespo, director do Festival

Un festival que este ano se converte tamén, segundo explicaba o seu director, Luis Crespo, “nunha homenaxe aos grandes mestres” xa que se inclúe nome propios do teatro de títeres como Jordi Bertrán, Philip Huber, Plansjet, Cachirulo ou Tanxarina “con máis de dúas ou tres décadas de experiencia e que se dan cita en Redondela”.

Homenaxe aos grandes mestres

Unha programación de sala orientada a público adulto e unha intensa actividade de rúa con propostas familiares que se concentrará nas xornadas do festivo das Letras galegas, o mércores 17 e na fin de semana do 20 e 21 de maio. Unha edición na que o fin da pandemia facilitou poder optar a “contratar un elevado número de compañías que veñen de todas as partes do mundo”.

Facía Crespo unha referencia especial a EcO compañía de Jaén que se encargará de pechar o festival “cunha proposta xestual” que será o broche desta edición”

Un festival “máis que consolidado e que leva a que Redondela sexa unha referencia mundial” con compañías de todo o planeta que queren facerse un oco nesta programación. Así o salientaba Tantan, presidente de Xente Titiriteira quen amosou a súa satisfacción porque o festival preste este ano unha especial atención aos títeres de fío con compañías de tanto renome como o manipulador Hubert, jordi bertran ou o propio espectáculo Titiricircus de tanxarina “unha técnica que se estaba perdendo e que agradecemos que teña tamén o seu espazo neste festival”.

Tatán, Xente Titiriteira

A alcaldesa Digna Rivas facía fincapé no feito de que o festival fora quen de non parar en tempos de Covid referíndose a un festival “que é un referente a nivel europeo que non para de medrar” e amosaba a sua satisfacción porque “sexan os títeres que inauguren a praza de Ponteareas”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

A concelleria e deputada, Olga García, amosaba o seu agradecemento a todas as persoas que fan posible a realización deste festival.

Olga García, deputada provincial
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará