O CR de Cesantes abre o prazo de inscrición para a Escola de Verán que terá lugar na Praia de Cesantes durante os meses de xullo e agosto en horario de 9:30h a 13:30h. Está dirixido a rapaces e rapazas entre 9 e 16 anos e a intención é atraer a novos deportistas á vez facilitar a conciliación familiar durante a época de vacacións escolares.
O coordinador do campamento e preparador físico do club, Iván Silva, sinala que non fai falta experiencia previa no remo e que o importante é “divertirse facendo deporte e facer amigos e amigas que poden ser para toda a vida”.
Entre as actividades do campamento destacan as “excursións sorpresa na natureza”, os exercicios de técnica de remo, as competicións e xogos de auga, as manualidades e o contacto directo coas embarcacións do club. Ademais daranse charlas sobre saúde, deporte e coñecemento do medio mariño da man de profesionais.
Para participar será preciso dispoñer de roupa de auga, chanclas e roupa deportiva. O prezo e de 100 euros por mes e as prazas son limitadas ata cubrir o aforo establecido de 40 persoas. Segundo Silva “as prazas están esgotándose rápido gracias ao éxito dos anos anteriores”.
O número de contacto é o 640 60 92 93 de Iván Silva quen os facilitará o formulario e a información necesaria. Tamén está á disposición do público o correo ccdcesantes@gmail.com.