Ás doce deste medio inaugurouse o programa do encontro sociocultural entre Galicia e Cataluña que achegará a nosa vila a 162 persoas de Barcelona.
O consumo, a mobilidade, a tradición cultural de ambas comunidades serán tres dos eixes da Foliada, que encherá de actividades a Redondela desde hoxe ás doce do mediodía e ata o domingo, onde as actividades se pecharán cun xantar popular de despedida e unha sesión de avaliación da Foliada. Xogos populares e reivindicativos, obradoiros de xabón, pancartas, así como un taller de reciclaxe e bicicletas, un roteiro pola contorna de Redondela, unha visita á Illa de San Simón son algunhas das actividades das que poderemos gozar durante estes tres días. Tamén haberá música, con bandas galegas e catalas así como exposicións. Esta tarde teremos a oportunidade de coñecer máis da producción ecolóxica de alimentos, grazas ao “Encontro sobre outra posibilidade de alimentarnos” e á “Xuntanza de colectivos de consumo colectivo”, que se celebra o sábado a partir das 12.00. Unha actividade que tamén nos permitirá coñecer as iniciativas que se están a desenvolver no eido local na produción ecolóxica e onde podemos atopar este tipo de produtos na nosa vila. Reflexión, concienciación pero tamén diversión daranse cita durante estes tres días polas rúas de Redondela.