Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER propón a peonalización do Paseo da Xunqueira e Telmo Bernárdez

aer paseo xunqueira

A Agrupación de Electores inclúe dentro do seu programa electoral a humanización de diferentes espazos urbanos “reorganizando o tráfico rodado e incluíndo aparcamentos disuasorios”. Entre as zonas a peonalizar propoñen as rúas Telmo Bernárdez, Pai Sarmiento e Figueiral, a praza da Constitución e o Paseo da Xunqueira e a humanización do aparcadoiro de Ernestina Otero baixo o viaduto. Anuncian tamén a creación dun plan de mobilidade específico para os escolares que permita o acceso a pé, en bicicleta ou en patinete creando as denominadas “sendas escolares”.

A Agrupación de Electores de Redondela, AER, formula no seu programa electoral unha serie de actuacións de humanización progresivas co fin de recuperar o maior número de espazos posibles para os peóns nas contornas urbanas. Así, propón a humanización de parte da avenida Ernestina Otero, xa que entenden que “compre recuperar o espazo emblemático baixo o viaduto para a veciñanza, pese a que pode xerar certa incomodidade pola eliminación de prazas de aparcamento que conleva”. Algo que entenden “quedaría resolto coa a creación dun aparcadoiro disuasorio na contorna da periferia que xa temos previsto”. Outra das propostas concretas é a eliminación do tráfico rodado da rúa Pai Sarmiento, creando así un espazo similar ao estado actual da rúa Casto Sampedro con terrazas e zonas de convivencia e lecer.

“Cremos que é necesario que Redondela teña máis espazos para o encontro da veciñanza, para gozar aínda máis das nosa rúas e as nosas prazas, e que sexan espazos máis humanos”. Por iso, no seu plan de mobilidade, propoñen a recuperación total do Paseo da Xunqueira como espazo libre de vehículos creando unha continuidade coa Alameda e conseguindo que o corazón urbano de Redondela sexa 100% verde e peonil. “Entendemos que, neste caso concreto, o valor do espazo que recuperamos para os peóns é incalculable; perderíanse poucas prazas de aparcamento e a retirada e reorganización do tráfico rodado actual é asumible”. A zona da ponte diante do Concello sería peonil tamén, deixando só paso para o tráfico rodado para acceder ao aparcamento soterrado, pero sempre con prioridade para os peóns.

Outra das actuacións emblemáticas sería humanización da Praza da Constitución, a rúa Telmo Bernárdez e a rúa Figueiral, un conxunto de viais que nestes momentos funciona máis como un atallo polo centro da vila para os vehículos que proceden de Vigo e van cara Reboreda que unha vía urbana.

Ademais, dentro deste plan de recuperación do espazos públicos para a veciñanza, AER urxe a posta en marcha dun plan de tráfico que inclúa a construción de prazas de aparcadoiros para os vehículos co fin de reducir o tráfico no casco urbano así como unha estrada perimetral para desconxestionar a rúa principal de Redondela.

Sendas escolares

Outro punto destacado para AER é a creación dun plan de mobilidade específico para os escolares que permita o acceso a pé ou en bicicleta ou patinete creando as denominadas “sendas escolares”. “Interésanos especialmente este punto porque cremos que é importantísimo crear unha conciencia desde nenos, dos beneficios de gozar dos cascos urbanos lonxe dos perigos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará