Ana Urquijo ou Ana Molly en Rede Sociais é unha comunicadora, guionista e coach residente en Vigo que acaba de comezar ou seu proxecto de “coaching para anomalías”. É dicir, traballa con persoas creadoras, creativas ou con TDAH e/ou Altas Capacidades.
Falamos con ela da detección temperá destes trastornos para axudar a lograr os obxectivos cos menores obstáculos posibles, pero tamén do seu traballo como coach que quere deixar claro “dista moito dun psicólogo ou psiquiatría, pero servimos de apoio, motivación e compañía a xente que o necesita”.Utiliza as redes sociais como plataforma de difusión do seu traballo dende unha mirada próxima a súa xeración e compartindo dende a “vulnerabilidade” as súas propias experiencias para intentar axudar a outras persoas. O seu instagram é: @ana_molly3 e o seu Tik Tok @ana_molly3 .