Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP gaña en Redondela pero a maioría de esquerda podería gobernar

resultados redondela

O partido de Javier Bas logra incrementar os seus apoios en Redondela con 10 concelleiros, un máis que hai catro anos, pero non acada a maioría absoluta. O PSOE perde votantes pero repite o resultado de 2019 e mantén os sete concelleiros  mentres que a AER lle pasa factura o seu paso polo goberno e queda con tan só un representante. O BNG incrementa a súa representación e pasa de dous a tres concelleiros. Unha situación que volve deixar en mans da Agrupación de Electores a cor do futuro goberno de Redondela.

O partido Popular gañou comodamente as eleccións en Redondela ao facerse con 10 concelleiros grazas aos 6.920 votos acadados (891 máis que no 2019). Unha maioría insuficiente fronte a un bloque de esquerdas que suma 11 concelleiros (PSOE,7; BNG,3 e AER, 1).

Con todo, a formación de goberno pasará en gran medida polo que decida a Agrupación de Electores, quen hai catro anos permitiu acceder a alcaldía a Digna Rivas entrando no goberno pero que, nos dous mandatos anteriores, coa súa abstención, permitiu que gobernase a forza máis votada.

O PSOE con 5.018 votos baixa lixeramente o seu apoio social (238 votos menos repecto das eleccións de hai catro anos) pero mantén os sete concelleiros cos que logrou gobernar nos últimos catro anos, primeiro en coalición con AER e logo da ruptura do pacto en solitario.

AER, malia seguir sendo chave de goberno, perde respaldo e deixa no camiño1.306 papeletas. Os 858 votos obtidos nestas eleccións permítelle manter un único  concelleiro.

O BNG suma e finalmente contará con tres representantes na nova corporación tras facerse con 2503 votos (1.178 máis que nos comicios de 2019).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará