Unha actividade enmarcada no ciclo de charlas e obradoiros que está a desenvolver neste espazo a terapeuta nutricional Rosana Alonso. Unhas citas abertas ao público para abordar cuestións tales como os efectos da alimentación no sistema inmune, consellos para aplicar no día a día en canto aos produtos que debemos consumir e de cales debemos prescindir ou recomendacións para unha compra saudable sen gastar de máis. Inscrición e información no teléfono 655 979383.
Unhas propostas que buscan dinamizar o mercado ao tempo que achegar aos seus usuarios e usuarias actividades que lles sexan útil á hora de facer a compra. No primeiro sábado de xuño impartirá unha charla sobre como recuperar a saúde lembrando eses alimentos que teñen cualidades antiinflamatorias, produtos que melloran ou preveñen as infeccións ou alimentos que benefician ao sistema intestinal ou nervioso.
A última das citas consistirá nun obradoiros de bebidas vexetais caseiras que se impartirá o sábado 10 de xuño. Neste caso aprenderáselle aos asistentes como elaborar bebidas nutritivas que poden perfectamente competir coas que atopamos nos supermercado e incluso a prezos máis económicos.
Todas as actividades desenvolveranse en horario de 10:00 a 12:00.