Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Praza de Ponteareas recupera a Danza das Espadas e as penlas

praza convento 2

As festas da Coca volvían deixar en Redondela alfombras florais e a tradicional Danza das espadas e as penlas que, como é habitual, repetíase no último día das festas, pero nesta ocasión ademais de bailarse na praza de Ribadavia tamén congregaba a centos de persoas na praza de Ponteareas que se recuperou así como escenario no que gozar deste baile tradicional.

Logo de anos de ausencia, a recentemente remodelada praza de Ponteareas recuperaba este domingo a danza das espadas e as penlas. Había expectación por ver esta baile nun espazo que facilita a presenza de público ao ter forma de anfiteatro. Un público que vivíu tamén un momento de tensión cando unha das penlas se precipitou ao chan debido a rotura dun dos lazos que a Burra agarra para evitar calquera incidencia pero que nesta ocasión fallou. Afortunadamente a rapaza recuperouse e foi quen, malia a caída, de volver subir a Burra e bailar na praza de Ribadavia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará