Magos de Portugal, Italia, Arxentina e España danse cita no I Encontro Internacional de Maxia que se vai desenvolver na praza da Constitución e no multiusos da Xunqueira
A Asociación de Empresarios, coa colaboración co Concello, a Deputación e a Dirección Xeral de Comercio, organiza este cita que se vai desenvolver os días 25, 26 e 27 de setembro. O programa arrancará coa actuación do bonaerense Adrián Conde quen ofrecerá un espectáculo “Adivina Qué?”, onde o humor e a sátira son os protagonistas. Será ás 19:30 horas na praza da Constitución. No mesmo escenario actuarán o sábado a partir das seis os magos José Crestini e Javi Martín O prato forte será o domingo cunha gala no multiusos da Xunqueira a partir das seis e media da tarde na que se darán cita os ilusionistas Javi Martín, Roi Borrallas, mago Picu, Valería Baritas e Yuri Cardinali vai o mago de cerimonias, o Rei Midas. Espectáculos con cartas ou cartomaxia, xogos con cubos máxicos, transformacións de animais e moito humor na rúas da vila. Escola de maxia A todo isto hai que engadir que este I Encontro Internacional de Maxia contará cunha escola de maxia para os pequenos aprendices de magos que estará aberta o venres de 18 a 20 horas e o sábado de 11.30 a 13.30 e de 18 a 20 horas. Redondela converterase así nunha vila máxica durante toda a fin de semana