Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP insta ao BNG a posicionarse ante o pacto PSOE-AER que “só busca asegurar salarios”

bas

O inminente pacto de goberno entre PSOE e AER que permitirá reeditar un goberno de esquerdas en Redondela –a expensas de recibir tamén o apoio do BNG- está a recibir airadas críticas por parte dos Populares. Neste sentido aseguran que este acordo asinado entre ambas as dúas formacións políticas “responde unicamente a necesidade de dúas persoas por manter os seus ingresos”, referíndose a Digna Rivas e Roberto Villar.

Os populares aseguran que este ‘pacto’ o único que persigue é que os cabezas de lista de cada unha das formacións “sigan cobrando do concello” porque segundo afirman dende o PP “ningún ten outra ocupación ao marxe da actividade política e saben que en ningún caso poderían seguir cons seus salarios se Javier Bas accedese a alcaldía”.

Engaden que esta é a única xustificación para reeditar unha coalición que no mandato anterior rachou e levou a AER a cualificar a Rivas como a “peor alcaldesa da historia” ou a afirmar que “non podían confiar nesa persoa”.

Dende o PP instan tamén ao BNG a que se posicione e confirme se vai permitir este pacto de goberno que insisten “está feito á medidas das necesidades económicas particulares dos candidatos de PSOE e AER”.

Alleos a estas críticas, as negociacións entre socialistas e nacionalistas continúan na xornada de hoxe, uns encontros que poderían dar lugar á formación dun goberno tripartito, malia que polo de agora o BNG aínda non se manifestou ao respecto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará