Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A praia de Arealonga péchase ao baño por contaminación microbiolóxica

praia arealonga

As últimas analíticas de control realizadas pola Consellería de Sanidade con auga recollida o pasado domingo día 11 determinan a existencia de contaminación microbiolóxica en valores superiores aos aceptables. En concreto en dous parámetros, tanto en exceso de enterococos intestinais como en Escherichia coli. Por este motivo, sublíñase que non é recomendable o baño ata reducir esta contaminación.

A praia urbana de Chapela estará pechada ao baño nas vindeiras xornadas, xusto cando parece que imos gozar duns días de bo tempo. Así o informan dende o Concello logo de recibir na mañá de hoxe o Informe da Xunta no que se recolle a presenza de contaminación microbiolóxica polo que a Concellería de Medio Ambiente procedeu xa a colocar un cartel informativo nas instalación da praia no que se desaconsella o baño.

Tamén se informou da incidencia a Aqualia para que proceda a investigar as posibles causas da contaminación e identificar aos responsables no caso de que os houbera. Deberanse agora adoptar as medidas oportunas para eliminar ou reducir ao mínimo esta contaminación .

Sanidade realizará unha nova análise das augas nos vindeiros días para determinar como evoluciona a situación, pero mentres tanto o baño está temporalmente desaconsellado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará