O XVII Torneo de Fútbol Sala de Chapela acolle diversas categorías nun torneo que se divide en datas distintas para os equipos base e sénior. No caso da categoría sénior masculina a competición celebrarase do 30 de xuño ao 2 de xullo no Pavillón Municipal de Chapela. As prazas son limitadas e as agrupacións masculinas teñen ata o día 26 de xuño para inscribirse.
A competición contará con trofeos e premios en metálico para o equipo campión, supcampión, e trofeos e distincións para o equipo máximo goleador, equipo menos goleado e tamén para a equipa que demostre máis deportividade. O custe da inscrición é de 150 euros, con 20 euros de fianza máis o seguro deportivo correspondente.
O 26 de xuño tamén manterase unha reunión no Pavillón Municipal de Chapela ás 21:00 h cos equipos sénior masculino e xuvenil participantes. Para máis información está a disposición do público o número de teléfono 662 111 339.