Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela prepárase para acoller ás 100 participantes do torneo solidario das Sarillas

21f145cb-30cc-41fb-81ca-c5d1f3ed4751

Hoxe comezan a chegar as equipas internacionais que participan no I Torneo de Veteranas Balonmán de Redondela. O sábado 17 o Pavillón da Bomboneira acollerá a case un centenar de xogadoras de Ferrolterra, Valladolid, Asturias, Sevilla e Portugal que se unen nesta competición para recaudar cartos de forma solidaria para a asociación Agaela.

Aloxaranse en Redondela durante toda a fin de semana e descansarán na vila para prepararse para a xornada do sábado que comeza ás 9:30h da mañá e remata ás 21:00 horas da noite, alternando partidos de 30 minutos. A organización quere deixar claro que os resultados non son o importante e haberá trofeos sen distincións para todas as equipas.

Un torneo que promete dinamizar Redondela, pois as xogadoras das equipas veñen acompañadas das familias que durmirán dúas noites en distintos albergues do centro e aproveitarán o tempo para gozar da nosa cultura e patrimonio. O comercio local envorcouse coa iniciativa e colaborou de diversas formas, aportando agasallos, axudas económicas para material e equipamento, así como calquera outra necesidade que poida xurdir durante un evento desta magnitude. Dende as Sarillas agradecen a implicación do comercio e do Concello de Redondela que deu o apoio impresindible para que todo isto puidera suceder.

O torneo ademais de deportivo é solidario, o obxectivo é recadar cartos para Agalea, a asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica, a través da venda de rifas. Ao final da xornada repartiranse os trofeos e farase o correspondete sorteo cos números das rifas vendidas para repartir os agasallos.

O sábado a partir das 9:00 horas da mañá hai cita deportiva e solidaria no Pavillón da Bomboneira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará