Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O fútbol local gaña todos os encontros da xornada

RR_Noticias

Peor sorte correron en balonmán o Cátering Canario e a Peguform Sar que perderon fronte o OAR Coruña e o Mecalias Novás.

FÚTBOL
Rexional PreferenteCaselas-Choco (0-2): O Choco suma tres puntos ao seu marcador fronte o Caselas. Malia ser fora da casa e ao gran número de seareiros que ateigaban o Municipal das Gándaras os locais non se deixaron amedrentar e marcaron o ritmo de xogo. Despois dunha primeira parte onde as oportunidades de gol foron escasas para ambos equipos a catro minutos do primeiro tempo, o choqueiro Aitor Gómez anotaba o primeiro tanto do encontro. Nada máis pisar o terreo de xogo, despois do descanso, sería o redondelán Kennedy o que consolidaría a vitoria do Choco por dous cero. Malia os cambios executados no once inicial do Caselas nos últimos 45 minutos, os locais non conseguirían igualar o marcador. Unha vitoria que deixa ao Choco na cuarta posición con 10 puntos. A vindeira semana enfróntase a un dos seus rivais directos o Porriño Industrial, situado na sexta posición da táboa e con tan só un punto menos que os locais.
Terceira Autonómica
Choco- Moledo (2-0): Tamén conseguiu imporse o Choco fronte ao Moledo en Santa Mariña mantendo o liderado da categoría. Os locais abrían o marcador no primeiro tempo para nos últimos 45 minutos do encontro consolidar a súa vitoria con outro tanto que deixaría o marcador a 2-0. Un resultado que mantén ao Choco na primeira posición da categoría con 12 puntos. O vindeiro encontro será contra o Casablanca o sexto da categoría con cinco puntos menos que os locais. 
Arcade B-Vilaboa (3-2): O Arcade B, tamén conseguía a vitoria fronte ao Vilaboa. Xornada de goles en Arcade. Os locais conseguían remontar un marcador en contra de un a dous para rematar gañando por 3-2 ao Vilaboa, o que os consolida na parte alta da táboa, no sexto posto. O próximo partido será contra o Sampaio, dous postos por baixo dos de Arcade e igualados a puntos.
Cesantes-Campelo (3-0): Vitoria tamén para o Cesantes que se impuña por 3-0 ao Campelo. Pero non se poden confiar xa que a próxima xornada xogarán na casa do líder da categoría o Gondar, que conta con tres puntos máis que os locais que se atopan na quinta posición da táboa.
Santomé-Soutomaior (1-2): Tres puntos sumaron os xogadores do Soutomaior este fin de semana fronte o Santomé, o último da categoría. Unha oportunidade para consolidarse na parte alta da táboa que o Soutomaior non desaproveitou. Malia que o Santomé non deixou de impor resistencia durante os noventa minutos non conseguirían remontar o partido que vencía o Soutomaior por un tanto a dous. A vindeira semana teñen xornada de descanso.
Primeira Autonómica
Arcade-Valadares (4-3): Non o fixeron peor en Primeira Autonómica o Arcade que se impuxo por 4-3 ao Valadares. Malia que durante o primeiro tempo parecía que o Arcade xa non podía facer nada despois de que os locais lle anotaran tres tantos os redondeláns chegaron do descanso con moita forza e conseguiron remontar o partido. Táboas, Adrián e Borjan serían os encargados de anotar os catro tantos do Arcade, que deixan aos locais na décimo cuarta posición con tres puntos. A vindeira xornada terano complicado xa se medirán co sexto da categoría o Salvaterra.
Segunda Autonómica
 C.Vitoria- Chapela (1-1): O Chapela empataba esta xornada fronte ao Vitoria. Os de chapela non conseguiron imporse na casa do Vitoria e o marcador quedaba a uns, o que deixa aos locais na sexta posición con sete puntos. A vindeira xornada xogarán contra o Nieto, o seu rival directo, a tan só un posto dos redondeláns na clasificación e igualados a puntos.
BALONMÁN
Mala xornada para o balonmán local. O Cátering perdía fronte ao Oar Coruña e a Sar non foi quen de superar ao Mecalía Novas
Catering- OAR Coruña (28-31): Os coruñeses impuxéronse ao Cátering desde o comezo do encontro sen deixar un minuto de respiro aos locais, que non tiveron a súa mellor xornada. Malia que non deixaron de pelexar durante todo o epartido para conseguir a vitoria finalmente o Oar adiantaríase no marcador con tres tantos de deferenza. 28-31 foi o resultado final do encontro. Deste xeito o canario queda na sexta posición con dous puntos. A próximo encontro será na casa do Covadonga, polo que non debería ter, a priori, moitos problemas, xa que é o último da categoría.
Mecalias Novas- Peguform Sar (37-28): Á Sar non lles foi moito mellor e non foi quen de superar en ningún minuto do encontro o marcador do Mecalia Novas. Malia todo durante o primeiro tempo os redondeláns opuxeron unha dura resistencia aos locais que tiveron dificultades para manterse por riba. Pero no segundo tempo os xogadores do Novas entraron con moita forza o que lles permitiu imporse aos locais por case dez puntos de diferenza. O partido finalizaría co marcador a 37 28 a favor do Novas. Un resultado que deixa á Peguform no décimo primeiro posto da categoría con un punto. A vindeira semana xogará cun dos seus rivais directos o Porriño, situado un posto por baixo dos locais e con tan so un punto na súa clasificación.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará