Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recoñece o labor da Sociedade de mariñeiros e a Casa do Pobo cun panel na súa antiga sede

cartels mandamama

O Concello vén de instalar un panel informativo na rúa Ribeira dedicado á Casa do Pobo e en recoñecemento a sociedade de mariñeiros de Redondela formada a finais do século XIX. O cartel está situado enfronte do edificio que antigamente albergara esta institución (actulamente acolle a perruquería Lagos) co obxecto de ser “unha homenaxe e agradecemento ás clases humildes que souberon soster a dignidade popular e promover a cultura entre o pobo”.

Esta iniciativa, promovida dende o Servizo de Normalización Lingüística, serva para dar a coñecer o traballo desenvolvido durante décadas na Casa do Pobo, un espazo que “ao longo dos anos acolleu reunións labregas e obreiras” destacando como unha data salientable o ano 1915 “cando se celebra a VI  Asemblea Agraria en Redondela”.

Un local co que colaborou no seu mantemento e emigración redondelá achegando financiamento dende territorios tan afastados como Montevideo ou os Estados Unidos e que durante a República acollería organizacións como o Partido Comunistas ou a Agrupación Socialista.

A Sociedade de Mariñeiros pasaría a chamarse Confraría de Pescadores de San Juan no ano 1944.

Saliéntase tamén o carácter cultural da Casa do Pobo, ao contar con biblioteca pública e organizar actuacións de teatro, bailes ou concertos con fins sociais “case sempre en auxilio das familias dos naufragos”.

No panel aparece tamén unha fotografía doada polo pintor Ángel Barros onde aparecen numerosos veciños de Redondela. Dende o concello fan un chamamento á veciñanza a colaborar na identificación das persoas que aparecen nesa imaxe e a poñerse en contacto no correo enderezo@redondela.gal no caso de ter información ao respecto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará