Hoxe é Xoves 19 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán solidario triunfa en Redondela

DSC_2371

Foto: Patry Rivas

Ferrolterra foi a equipa gañadora do I Torneo de Veteranas das Sarillas celebrado o pasado sábado no Pavillón da Bomboneira.  O evento, de carácter solidario, foi un éxito de participación con 6 equipas de Galicia, Asturias, Valladolid, Sevilla e Portugal.

Ao longo da xornada, que comezou ás 9:00h da mañá e rematou ás 21:00h da noite, foi enchéndose o pavillón de familiares das 100 xogadoras participantes e de afeccionados do balonmán que se achegaron a ver xogar ás veteranas e participar na causa solidaria. Conseguíronse recadar 1.228 euros a través da venda de rifas que se destinará integramente á Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica.

As Sarillas fan un balance moi positivo da experiencia que estivo chea de sorpresas. Durante os descansos dos partidos fíxose o sorteo das rifas repartindo case 50  agasallos doados polo comercio local. Os gañadores e gañadoras recibiron dende cestas de froita a material deportivo, cupóns para peiteados ou accesorios de xoiería.

Ademais da rifa tamén houbo momento para poñer en valor a tradición e ensinar parte da nosa cultura ás equipas de fóra de Galicia. O grupo de baile e gaitas Airiños de San Simón amenizou o evento percorrendo a pista da Bomboneira e ofrecendo música no exterior do pavillón durante o intermedio. A Coca Simona estivo presente como mascota oficial do torneo e tanto as xogadoras como o público pedíronlle fotografías para enmarcar o recordo.

Dende a organización do evento dan as gracias ao comercio local, ao corpo técnico e a directiva da SAR Rodavigo, á Federación e o Concello de Redondela por facer posible o torneo e “axudar dende o primeiro momento”. Tralo éxito de participación esperan poder volver a celebralo o ano que vén.

CLASIFICACIÓN

1.       Ferrolterra

2.       Siero

3.       Valladolid

4.       Sevilla

5.       Sarillas

6.       Baltar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará