Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A cantante Ses porá música ao “mellor San Xoán de Soutomaior” en palabras do seu novo alcalde Manu Lourenzo

ses

Tan só seis días despois de asumir o cargo como alcalde, o nacionalista Manu Lourenzo e o novo goberno de Soutomaior organizan un intenso programa de actividades de cara a noite de San Xoán, Un programa co que buscan tamén marcar diferenzas cos seus predecesores e onde se inclúen actividades para todos os públicos así como un concerto a cargo de Ses.

A cantante María Xosé Silva, máis coñecidada como Sés, protagonizará este venres no Peirao de Arcade un dos actos centrais promovidos polo concello de Soutomaior co gallo da noite de San Xoán.

Un programa que arrancará ás 20:00 horas cun obradoiro dirixido a público familiar onde as persoas participantes aprenderán a tradición das “herbas de San Xoán”. Unha hora despois terá lugar o espectáculo de Hípica Celta “olimpiadas de Tibu” seguido dun “Circotour”. Xa na medionoite procederase ao tradicional encendido e salto da fogueira nunha xornada que rematará con música a cargo de Ses e o Dj Mr Fishman.

O alcalde de Soutomaior anunciou tamén que durante todo o festexo estará operativo o programa ‘A que xogas?’, destinado a mocidade e coa vista posta na prevención contra o consumo de drogas e alcol no ocio nocturno.

“O solsticio de verán é unha desas noites máxicas do ano. Simboliza a vitoria da luz sobre a escuridade. Soutomaior imos celebralo como merece. Para que a luz venza sempre sobre a escuridade” asegura Lourenzo á hora de animar á veciñanza a acudir a este evento en cuxa organización tiveron que “traballar contrarreloxo e sen case marxe, malia o cal imos ter o mellor San Xoán que nunca tivo Soutomaior”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará