Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES de Chapela insta a Consellería a manter a presencialidade nos ciclos de Dietética e Educación Infantil

ies chapela

O Instituto de Chapela alerta de que a eliminación dos ciclos presenciais de adultos é un paso máis na deteriorización do ensino. Acusan a Consellería de adoptar unilateralmente unha decisión que prexudica a todo o alumnado que estaba a desenvolver os ciclos superiores de dietética e educación infantil do réxime de persoas adultas aos que lles eliminan as clases presenciais e terán que solicitar praza en educación a distancia.

A  comunidade educativa do IES de Chapela apoiados por axente sociais e representantes políticos, protagonizaron o pasado venres unha concentración no centro para denunciar a decisión da Consellería de Educación de modificar a oferta de ciclos de FP para o vindeiro curso 2023/24” no que entenden é un novo ataque contra a educación pública.

Unha nova oferta que, lonxe de atender as súas demandas, suprime os ciclos superiores de Dietética e Educación Infantil do réxime de persoas adultas na modalidade presencial para implantalos a distancia, impedindo que moito alumnado matriculado o presente curso poida continuar os seus estudos de forma presencial nun centro público. Desde o centro non entenden este cambio, xa que os ciclos presenciais contaban cunha gran demanda ano tras ano e o IES de Chapela era o centro público de referencia na comarca onde poder cursalos.

A xefa de estudos, Fátima Ferreiro denuncia os prexuizos que supón para o alumnado xa que “a modalidade a distancia é unha alternativa para a xente que non pode asistir a clase e necesita seguir formándose, pero a riqueza da modalidade presencial é especialmente necesaria na educación de formación profesional que precisa dunha dimensión práctica que a distancia é moi difícil de conseguir”.

Unha noticia que colleu de sorpresa a o profesorado e ao alumando molestos por atoparse cunha decisión que lles afecta de cheo cando xa remataron curso e sen capacidade de reacción.

Temen ademais que isto sexa o inicio dun cambio de modelo educativo “no que se promova a substitución de ciclos presenciais por ciclos a distancia”.

Unha redución na oferta educativa que non é un feito exclusivo do IES de Chapela “este cambio repentino afecta tamén outros moitos outros centros da Comunidade Autónoma de Galicia que están vendo drasticamente modificada a súa oferta de FP, con moitos ciclos suprimidos ou transformados en ensino a distancia”. Unha situación que entenden supón botar por terra un modelo educativo que apostaba por unha FP pública, presencial e de calidade. Apuntan tamén como moi sospeitoso que se eliminen ciclo presenciais nos centros públicos mentres se implantan nos centros concertados.

Ante o malestar que se vive no centro con estes cambios instan a Consellería a reverter a situación“entendemos que aínda estamos a tempo de corrixir uns cambios que serán moi prexudiciais para o alumnado”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará