Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mercadiño solidario, música tradicional, baile e actuacións infantís na vía verde de chapela

Senda-peatonal-Chapela-4

A Asociación Cultural de Chapela celebra o festival de fin de curso no apeadeiro da vía verde de Chapela o sábado ás 19:00 horas. Os grupos de Pandeiretas da Asociación “Semente Nova”, e o grupo de Zumba serán os encargados de poñer a parte musical e baile desta xornada.  Para os mais pequenos o festival conta coa actuación do “Paiaso Popín palomero”.

O festival conta tamén  cun mercado solidario onde se poñerán á venda artigos realizados e doados por alumnado dos cursos de manualidades e costura que imparte a asociación. Toda a recadación irá destinada ao banco de alimentos de  Cáritas de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará