Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela prepárase para a noite de San Xoan con 9 fogueiras programadas

20190623105711_hogueras-san-juan_amp_w1200

As asociación culturais do municipio teñen todo preparado para celebrar á noite de San Xoan. Un total de 9 fogueiras están programadas para festexar mañá xunto coas sardiñas e o viño, típico desta tradición.

A Comisión de Festas de San Xoan de Cabeiro programa actividades durante toda a fin de semana. O venres comezan ás 20:30h coa Gran sardiñada, amenizada polo grupo “Os amigos do ritmo”, o discjockey DJ Fredo e o grupo “A banda de onte” para dar paso á fogueira a partir das  00:00 ; o sábado teñen preparado un pasarrúas e concerto da Banda de música municipal de Redondela, ao medio día comeza a misa maior en honra de San Xoan paralela á sesión vermú con pulpeiro e de cara á noite actuarán as orquestras Suavecito e Grupo Ámbar; por último, o domingo organizan un pasarrúas pola zona sur de Cabeiro e rematan a xornada ás 22:00 h coa actuación do grupo musical “Ritmo”.

En Saxamonde a fogueira estará localizada, como en anos anteriores,  no campo de fútbol de Chan das Pipas e en Quintela a asociación cultural e recreativa da parroquia preparan unha festa con choripan e fogueira situada nas inmediacións da Centro Cultural de Quintela

Asociación deportiva e cultural de Rande prepara unha fogueira con sardiñas, pan e viño “a prezos populares” no Mereindeiro de Meirande. Na curva do Murallón en Cesantes, o Círculo Cultural e Deportivo de Cesantes, organiza unha festa con  comida e bebida a partir das 21:00 horas para dar paso as actuacións de Algarabía Folk e Fanfarria Furruxa. As fogueira acendense a partir das 00:00h.

A comisión de festas Das Dores do Barrio de Tuimil tamén terá fogueira no Torreiro da Festa e a Asociación Cultural e Veciñal coñecida como “A Miñoteira” de Ventosela acenderá a fogueira nas inmediacións do seu Centro Cultural, acompañada de sardiñada e o sorteo dun Xamón.

A asociación de Festas do Carme de Soutoxuste aporta xamón asado, choripan e bebida a prezos populares na Praza do Meixoeiro a partir das 21:30h para rematar coa actuación de Marcela e o acendido da fogueira.

Por último, o Centro Cultural de San Estaban de Negros acolle as festas de San Xoan organizadas pola asociación veciñal da parroquia.

A Policía Local de Redondela anuncia que establecerá un dispositivo na madrugada do día 23 ao 24 e lembran  que “o alcohol e drogas  xunto coa condución dun  vehículo non son compatibles, pola túa propia seguridade e pola dos demais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará