Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Alberto Matilla” novo adestrador do primeiro equipo da S.D. Pazos

347427884_931049714730927_1650560527725666233_n

O adestrador vigués Alberto Matilla, con pasado en Beade,  Leis e tamén como seleccionador da categoría Alevin de Vigo, será o encargado de guiar a a equipa en Terceira División. Durante esta nova tempada 2023/2024 oo Pazos debuta na Copa do Rei e volve  xogar a Copa Galicia.

En palabras do novo adestrador “estou moi ilusionado coa miña chegada a Pazos, con traballo e esforzo intentaremos continuar cos bos resultados destes últimos anos”. Para o técnico é un reto aportar o seu gran de area “na consolidación deste proxecto que tantos anos leva funcionando ben gracias ao traballo de directivos , adestradores e xogadores unidos á gran afección que hai en Pazos “ .

Para Fran Amoedo, director deportivo do clube, a chegada de Matilla “supón unha alegría porque fichan a un gran adestrador e sobre todo a  unha gran persoa”. Engade que “as negociacións foron moi sinxelas, xa que a vontade das dúas partes era entenderse”.Queren agradecer a o novo adestrador a súa confianza e “desexarlle toda a sorte do mundo”.

Nos vindeiros dias anunciarán mais novidades en forma de corpo técnico, renovacións ou fichaxes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará