Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dansarey representará a España no Campionato Europeo de Baile

Captura de pantalla 2023-06-23 132918

Dous grupos da escola Dansarey gañaron a medalla de ouro no certame nacional “Vive tu sueño” celebrado o pasado maio en Ávila e no que participaron máis de 4.000 bailaríns. Grazas a esta vitoria clasifícanse tamén para o europeo de Atenas en 2024 no que participan Italia, Francia, Grecia, Portugal e España.

A escola redondelana especializada en bailes latinos competía con catro formacións. Por unha banda dous infantís, Girlys e Fusión Latina, que era a primeira vez que participaban nun campionato nacional conseguindo bo resultado a pesar de non ser premiadas. E as dúas gañadoras da categoría premium, Dansarey Queens en nivel amateur e Dansarey Dance Company en avanzado.

A este éxito súmase ao logrado o pasado ano polo grupo Dansarey Ladies no campionato de España, disputado en Marbella. Desta forma, como o campionato europeo é cada dous anos, son finalmente tres as formacións redondelanas  cladificadas para ir a Atenas en 2024.  Nestes momentos a escola está organizando distintas galas e eventos para recadar os fondos necesarios para a viaxe, xa que son moitas as persoas que teñen que desprazarse. O primeiro dos eventos está pensado de cara a decembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará