Ao berro de “medre a peneda”, Xurxo Souto dos Diplomáticos de Monte Alto foi o encargado de ler o pregón dunha festa dos fachos que se celebraba este sábado cunha noite espléndida que animaba a unha chea de xente a participar e alumear cos seus fachos accesos o monte compartido entre Redondela e Soutomaior.
Un pregón reivindicativo onde se falou de “natureza degradada, maltratada polos lumes e os parques eólicos”. Acender luminarias que no pasado se consideraba un culto ao demo na peneda convértese nun culto a vida e a natureza “a dignidade das persoas principia pola propia dignidade da natureza, como no propio monte da peneda queimado no 2006 pero que foi recuperado grazas a labor de todos e todas as que se marcaron como obxectivo manter vivo este espazo natural.
Unha celebración que supón tamén un éxito de colaboración entre os dous concellos limítrofes e entre as asociación participantes: a Asociación Cultural Alén Nós, asociación veciñal Pozo Vello, e as Comunidades de montes de Arcade de Riba e o Viso.
Unha resposta
A festa dos Fachos,estivo ben amenizada por Xurxo Souto,pero foi un fracaso no reparto da queimada.Parece mentira que a comisión non teña vasos plásticos para proporcionarlle á xente…