Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Conservatorio e a Escola de Música celebran os seus concertos de fin de curso

concierto

A praza de Ponteareas acollerá este xoves ás 21:00 horas o concerto do alumando do Conservatorio mentres que mañá mércores serán os xardíns do centro musical onde teña lugar o concerto dos alumnos e alumnas da escola de música a partir das 18:30 horas. Ademais durante toda a semana o centro celebra as xornadas de portas abertas que buscan das a coñecer estas instalacións a nenos e proxenitores así como todos os instrumentos das diferentes especialidades que alí se imparten.

A praza de Ponteareas acollerá un “concerto interactivo” onde os músicos subidos ao escenario contarán coa participación do público para que os temas que alí se interpreten se enriquezan tamén coas voces dos asistentes. “Queremos que non sexa un público pasivo, que se sinta partícipe da actividade que organizamos” explica a directora do Conservatorio, Elisa Arias, quen convida a toda a veciñanza a achegarse a esta cita.

Por outra banda, o alumnado da escola de música tamén amosará as súas habilidades cos instrumentos nun concerto que terá lugar este mesmo mércores. Será a partir das 18:30.

E durante toda a semana en horario de 18:00 a 20:00 horas celebran tamén as xornadas de portas abertas que buscan dar a coñecer as instalacións e futuros alumnos sí como os instrumentos que se impartirán no próximo curso: piano, violín, saxofón, clarinete, percusión, frauta traveseira, trompeta, trompa, trombón ademais de gaita, guitarra, teclados, percusión tradicional e música moderna.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará