Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festa da navalla e música para celebrar o verán no paseo marítimo de Chapela

festa navalla

O Círculo Cultural e recreativo de Chapela celebra esta fin de semana a súa festa do verán con actividades para todos os públicos que inclúen atraccións para os máis pequenos, música, o Festival de Corais e a Festa da Navalla que terá lugar o domingo día 2 de xullo e que permitirá degustar o bivalvo a prancha ou en empanada.

O paseo marítimo de Chapela acolle este domingo a celebración da Festa da Navalla, unha cita obrigada para os amantes do marisco en xeral e deste bivalvo  en particular. Á prancha ou en empanada de millo ou trigo poderemos degustar a navalla a partir das 12.00 horas e até que se esgoten as existencias. Unha cita festiva organizada polo Círculo Cultural de Chapela que arrancará xa o venres coa actuación ás 20:00 horas da Rondalla de Redondela e ás 22:00 horas co dúo Rumbo Norte.

O sábado a cita será co festival de Corais a partir das oito da tarde coa participación da Coral Polifónica da Confradía de Pescadores de O Grove, a Asociación Coral “Areas Gordas´” de Coiro Cangas e a Coral Polifónica “Frol Nova” do Círculo Cultural Recreativo de Chapela. Pechará a xornada a actuación do grupo Souvenir que ofrecerá ás 22.00 horas un repertorio cargado cos grandes éxitos del Pop-Rock español dos anos 60, 70 e 80.

O domingo xa dende as doce do mediodía e amenizada pola música do grupo de gaitas Tirapuxa poderanse degustar os diferentes pratos elaborados a base de navallas, con prezos que van dende os 3,50 a ración de empanada de trigo e os 4,5 da empanada de millo, aos 5 euros que custará degustar media ducia de navallas a prancha.

Pechará a festa o trío Talismán ás 20:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará