A SAR da comezo ao verán ofertando prazas para o seu campus deportivo. Este ano esténdese do 3 ao 31 de xullo e está enfocado a nenos e nenas entre 5 e 12 anos. O horario é de 9:30h á 13:30h para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares.
Ademais de aprender balonmán da man de monitores especializados neste deporte, o campus de verán da SAR inclúe actividades variadas na natureza, excursións á praia, xogos multideportivos e visitas sorpresa. Para todo isto é necesario levar roupa e zapatillas de deporte para cambiarse, auga e merenda para a media mañá.
En canto a localización, a instalación principal é o pavillón da Bomboneira, pero tamén está a disposición da organización a Casa da Cultura de Redondela ou o Campo de Fútbol de Santa Mariña, entre outras.
O prezo da inscrición varía en función de ser socio ou non do club, con descontos incluídos para aquelas familias que inscriban a irmáns. Tamén hai opcións de apuntar aos nenos e nenas por semana ou por mes. Unha semana custará 15 euros para os socios e 20 para aqueles que non o sexan, mentres que un mes pode custar 50 ou 60 euros seguindo os mesmos criterios.