Os organizadores do Artelixo 2023 decidiron indultar tres das preto de cen instalacións artísticas presentadas este ano. Así a obra “Choco no seu chapapote” exposta na cepa do escalextric ao carón do mercado de Redondela do colectivo koebra, o “albergue dos bichos” de Luis Prada e un graffiti de Hugo Pazos e David Dizco título “Nada pode saír mal” nas paredes do auditorio de Chapela, pasarán a formar parte do arte urbano de Redondela.
Dúas das obras permanecerán no seu emprazamento actual, mentres que a proposta de Prada instalarase na horta do colexio Illa de San Simón. Así o fixeron público dende o Artelixo, colectivo que entregou o trofeo Artelixeiro ao veterano artista multidisciplinar, Manuel Xío de Mós, en recoñecemento a súa participación interrompidamente desde a edición do 2012, ano onde se retoma o certame iniciado nos anos noventa. Nun acto sinxelo e emotivo, o artista estivo arroupado por integrantes do colectivo ArteLixo e os ArteLixeiros de honra das pasadas edicións: Fon Conde e Pedro Vilas.
O ArteLixo 2023 pecha cun balance moi positivo onde se presentaron cerca dun cento de obras nas modalidades de rúa e escaparate, destacando a calidade das obras e a xenerosidade dos e das artistas. Lembran que o tema elixido este ano era “O cambio climático” e que ademais das propostas de rúa estivo acompañado dunha exposición de obras de pequeno formato no Multiusos co título “Onde habito” de Ana María Cabanes Fontao, artista plástica galega que busca que a súa obra ademais de colorista teña mensaxe crítico no referente á sostenibilidade.
Tamén como todos os anos celebráronse diferentes propostas paralelas a exposición como debates, obradoiros e concertos e se celebrou outra das iniciativas que continúan nos últimos o anos, e que viu para quedarse, a sección “A arte non ten cancelas” onde artistas locais pintan cancelas e portalóns, este ano foi o quenda de Bea Blanco e Xacobe Pérez que interviron un portal de garaxe na rúa San Xoan de Arcal, esta sería a terceiro intervención que se une ao de o artista Suso Ben pintado o ano pasado na rúa Xosé Regojo e ao de Kiko Amoedo na rúa Ernestina Otero.