A parroquia de Cesantes súmase ás grandes verbenas e arrancan esta mesma noite as festas na honra de San Pedro cunha actuación dunha das orquestras máis aclamadas do momento: el Combo Dominicano. A programación prologarase ata o domingo coas actuacións do grupo América e as orquestras la Fórmula e Alabama. Detrás desta programación está doce mulleres, as que integran a Comisión de Festas.
Hai quen as chama “As Apóstolas”, son as doce mulleres que durante os últimos meses traballaron arreo para poder sacar adiante unhas festas que nesta edición se amplía a catro xornadas con inicio
Esta mesma noite coa primeira das verbenas a cargo da popular orquestra Combo Dominicano. Unha formación que repite logo de que tamén o ano pasado fora unha das actuación estrela das festas de San Pedro “o ano pasado tivo moitísimo éxito e os veciños pedíannos que a volvésemos traer , así que negociamos todo o que puidemos cos seus representantes para logralo”.
Unhas festa que supoñen un elevado investimento e que inclúen tamén outras actuación de orquestras potentes como Alabama e América de Vigo que actuarán este venres ou travesía e la Fórmula que serán as protagonistas do sábado.
Na fin de semana haberá tamén outras actividades con pasarrúas na mañá do sábado a cargo do grupo de gaitas Sons do Castro de Santo Estevo ou os actos relixiosos ás doce do mediodía.
O domingo ás 20:00 horas terá lugar a misa na honra do Santo Cristo cantada pola Coral pedra Blanca do Círculo Cultural de Cenastes seguida da procesión.
Unha comisión de festas que fai un chamamentos á veciñanza para que as releven ao fronte da festas “xa son moitos anos e necesitamos xente nova que tamén estea disposta a traballar para que esta celebración tan arraigada en Cesantes non morra”.