Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lidia India trae a World Music a Redondela

unnamed

Lidia India ofrece un formato único no que mestura a música galega con ritmos afro-brasileiros.  Poderemos escoitala hoxe a partir das 22:30h no Brisa Chiringo na Praia de Cesantes e estará acompañada polo guitarrista Brasileiro, Mauricio Caruso.

Tras a súa estancia en Suramerica, principalmente en Brasil, a súa música vese influenciada polos ritmos afro-brasileiros que se mesturan coas súas raíces musicais galegas. Da colaboración con Latexo Percusión xorde o proxecto actual que definen como unha proposta de World Music, formada por oito intérpretes e cun formato que inclúe entre os seus instrumentos principais: batería, baixo, guitarra, teclado, voces e un amplo set de percusión africana, brasileira, cubana e galega.

O primeiro disco da agrupación chámase “Nas rúas” e está formado por 9 temas de composición propia que transmiten alegría e unha mensaxe que fala da necesidade de conectar coa natureza. Considérase “de fusión” por mesturar elementos da tradición galega co reggae, o funk, a samba ou o maracatú. CORTE disco.

Para a compositora galega é moi importante non esquecer as súas raíces e fai unha labor de divulgación da nosa cultura a través da música. Lidia India considera que “o panorama galego está vivindo un dos seus mellores momentos pola variedade de oferta e a extensa programación”.

Hoxe dará un concerto no Brisa Chiringo acompañada do guitarrista Brasileiro, Mauricio Caruso . Fará unha adaptación do disco ao espazo reducido que ofrece o local redondelán, pero sen perder a esencia e a posta en escena que destaca polo baile e a iteración co público.

A World Music, o baile e a fusión da música galega cos ritmos afro-brasileiros invadirán o Brisa Chiringo hoxe a partir das 22:30h.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará