A escola de bailes latinos, Dansarey, conseguiron clasificar a tres agrupacións para o Campionato Europeo que se celebrará en Atenas o ano que vén. Chegaron a esta competición internacional gracias a gañar dúas medallas de ouro no certame nacional “Vive tu sueño” celebrado este ano en Ávila e unha medalla de ouro no Campionato de España disputado o ano pasado en Marbella.
O campionato europeo celébrase cada dous anos, por este motivo son finalmente tres as formacións redondeláns clasificadas para ir a Atenas en 2024. Competirán coas agrupacións Dansarey Queens en nivel amateur, Dansarey Dance Company en avanzado e co grupo Dansarey Ladies en amateur. As tres equipas enfrontaránse a rivais de Italia, Francia, Grecia e Portugal coas coreografías deseñadas por Lidia Iglesias e David Otero, directores da escola.
David Otero conta que vai a ser compricado chegar ao primeiro posto, porque “en moitos países como Italia os bailaríns teñen moito prestixio e preparación detrás. Consideran o baile unha profesión e adestran para chegar ao máis alto”. Sen embargo, chegar ata aquí xa é “un soño cumprido”.
Desprazar ás tres agrupacións a Atenas supón un gato importante para as familias e a escola. Precisan financiación para o que están preparando distintas galas e exhibicións coas que recadar fondos, así como rifas que pronto estarán dispoñibles para a xente interesada en colaborar.