Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Remo para todos na Escola de Verán do CR Chapela

RemoVeranRApaces

Coa chegada das vacacións escolares o Club de Remo de Chapela pon en marcha un ano máis a súa Escola de Verán. As actividades, que comezaron onte, realizaranse nos meses de xullo e agosto para achegar aos máis novos ao mundo do remo. Poden inscribirse nenos e nenas desde os 7 anos de idade. Nestes dous meses, de luns a venres, os participantes coñecerán o mundo do remo, pero tamén terán tempo para practicar xogos e outras actividades lúdicas. Julio Prado, presidente do C.R. Chapela, sinala que tamén supón unha alternativa para as familias no período de vacacións escolares dos rapaces. As actividades realízanse de luns a venres, en horario de 10.30 a 12.30 horas e aínda hai prazas dispoñibles. Trátase dunha iniciativa que vén repetindo a entidade nos últimos anos e que está a supoñer un éxito de participación. A Escola de Verán é un bo xeito de dar a coñecer o remo entre os máis novos, que aproveitan os meses de vacacións para achegarse ás actividades náuticas. Moitos deles continúan logo no club, pasando a formar parte da ampla canteira do remo de Chapela, e outros repiten cada verán.

Julio Prado, presidente do CR Chapela explica que os rapaces desfrutan moito na Escola de Verán

Chapela conta coa canteira máis ampla de Galicia. A falta de saber cantos dos nenos e nenas da Escola de Verán continuarán a próxima temporada, Prado asegura que pasarán das 160 fichas coas que contan este ano.

O Club de Remo de Chapela conta coa maior canteira de Galicia

As inscricións poden facerse nas instalacións do propio club, no baixo da piscina de Chapela, ou nos teléfonos 986 45 29 76 ou no móbil e 650 45 77 11. O prezo da actividade é de 100 euros para os dous meses de verán, 60 euros por un mes ou 30 euros no caso de inscribirse unha quincena.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará