Hoxe é Sábado 28 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

II aniversario de Espaço Vivo

8 Xullo 2023 @ 20:00 - 22:00

O local de hostalaría vegana que ten a súa sede no Camiño do Fixón 64, na parroquia de Negros naceu hai xa dous anos da man de Serxio Crespo e Eva Castro. Para conmemorar esta data o vindeiro sábado 8 de xullo ás 20:00 horas cunha xornada de gastronomía e música co proxecto Laxes de Roi Adrio e Gustavo García. A banda achegará un repertorio de músicas Atlántikas interpretadas con requinta e guitarra electro-acústica. A continuación celebrarase unha foliada aberta, convidando a todos os músicos que o desexen a asistir cos seus instrumentos.

Dende Espaço Vivo lembran que para asistir compre unha reserva previa para poder así organizar o estacionamento e os petiscos que se poderán degustar durante esta celebración cargada de música.

Reserva no teléfono 622193026

Detalles

Data:
8 Xullo 2023
Hora:
20:00 - 22:00