Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

15 anos para urbanizar un camiño en Chapela

RR_Noticias

A corporación municipal da luz verde á expropiación de terreos para urbanizar o camiño de Costoia en Chapela. No ano 1994 o goberno local anunciara xa a obra de mellora que finalmente non se levou a cabo

A expropiación de terreos para realizar as obras de urbanización do camiño de Costoia (tramo que comunica a Avda de Redondela co camiño de Subida a Cidadelle) en Chapela foi aprobada no último pleno municipal cos votos a favor de todos os partidos políticos. Dende o PP aproveitaron o debate deste asunto para lembrar que o arranxo desa vía fora anunciada hai 15 anos polo goberno local a través do que aínda segue a ser concelleiro socialista, Emilio González Iglesias. O popular Miguel Álvarez manifestaba a súa “incredulidade” ante a realización dunha obras que foran anunciadas xa “no ano 1994”, tal e como acreditaba un documento que presentou no pleno González Iglesias exculpou os atrasos argumentando que naquel momento non houbo acordo con algúns dos propietarios dos terreos, o que obrigou a refacer o proxecto de urbanización inicial e a pospoñer a obra.

Miguel Alvarez PP
O edil popular denuncia que hai 15 anos xa se anunciara a urbanización dos terreos
Emilio González Iglesias PSOE
Os atrasos debéronse segundo o socialista aos desacordos cos propietarios dos terreos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará