A Sociedade Cultural do Viso abre as portas dos cursos de gaita tradicional a todos aqueles que queiran achegarse a probar durante este mes de xullo. Así, os venres pola tardiña en varios grupos a partir das 18:30h, aqueles cativos e maiores que queiran achegarse ao mundo da música tradicional a través da gaita e a percusión tradicional, contarán de xeito totalmente gratuíto coas ensinanza do mestre Manuel Cruces, principal gaiteiro do grupo Tanto Nos Ten .
A Sociedade Cultural do Viso anima a achegarse á cultura tradicional neste verán con catro sesións abertas a todas aquelas persoas que desexen unha alternativa de interese para as tardiñas dos venres do mes de xullo. Para recibir máis información, os interesados/as pódense dirixir ao correo electrónico acsmviso@gmail.com ou ao teléfono 627.938.607.