Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma en Defensa da Enseada denuncia que o Concello lles denega unha subvención

RR_Noticias

A Concellería de Participación Cidadá argumenta que a axuda económica se lle denega por “non tratarse dunha asociación veciñal”. A Plataforma entende que detrás desta decisión escóndense motivos políticos  

A Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón non poderá acceder ás axudas que anualmente concede a Concellería de Participación Cidadá. Dende este departamento aínda que recoñecen a importancia do “movemento asociativo para a dinamización da vida do noso municipio e a necesidade de conceder subvencións para que os colectivos veciñais poidan adquirir equipamento e realizar actividades”, argumentan que a Plataforma non ten dereito a estas axudas por “non tratarse dunha asociación veciñal”. O presidente da Plataforma, Antonio Lores entende inxustificada a decisión da Concellería xa que segundo explica “negar que o colectivo teña carácter de asociación veciñal é negar a evidencia”. Lembra que a Plataforma está inscrita no rexistro de asociacións do Concello co número 175 e que está composta por “cidadáns independentes ou pertencentes a outros colectivos culturais, veciñais, mariñeiros, empresariais, etc; todos con residencia no Concello de Redondela ou arredores”. Engade que si o motivo da non concesión da axuda responde realmente a que estas subvencións están dirixidas exclusivamente a asociación de veciños que “convoquen outras axudas onde teñan cabida as organizacións excluídas nesta convocatoria”. Con todo, Lores non da moita credibilidade as explicacións municipais e entende que detrás da decisión de denegarlles a axuda podería haber motivos de índole políticas “por ser un colectivo incómodo para os responsables do goberno”.

Antonio Lores Plataforma San Simón
O presidente do colectivo asegura que a asociación ten carácter veciñal
Motivos políticos
Lores cre que o arácter combativo da asociación podería estar detras desta decisión

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará