O 5 de xullo de 1946, un enxeñeiro francés, Louis Reard, presenta en París o bikini, atrevida peza que revolucionaría o mundo da moda. Reard herdara unha tenda de lencería preto do Folies Bergère e as súas clientas comentábanlle que as mulleres que ían á praia dobraban os seus bañadores porque o bronceado converteuse na nova tendencia de moda. O deseño de Reard estaba formado por catro triángulos, dous na parte superior e os outros dous na inferior. Da invención desta prenda falamos con Manuel Álvarez Moreira.