O s feitos producíronse ao redor das 9:15 horas de onte domingo tras alertar un veciño aos axentes da Policía Local da presenza dun mozo na parroquia de Cesantes que acababa de prender e queimar un colector do lixo en Outeiro das Penas na N-550.
O mozo, veciño da parroquia de 20 anos, ao decatarse de que acababa de ser descuberto emprendeu a fuxida sendo sorprendido novamente cando procedía a prender lume noutro colector ubicado na Baixada a Cesantes.
Unha vez interceptado procedeuse a súa identificación e rexistro, localizándose entre as súas pertenzas diferente material empregado para realizar os actos vandálicos antes referidos. Deuse conta do acontecido ao Xulgado de garda de Redondela.
Malia que nun primeiro momento os axentes se encargaron de sufocar a lume do colector, este volveu prender polo que foi necesaria a intervención do Ges de Mos.