Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pide o voto en Redondela para defender Galiza ante o ninguneo das forzas estatais

bng redondela mitin

A cabeza de lista polo BNG por Pontevedra, Carme da Silva instou no mitin de campaña celebrado  en Redondela a votar o 23X en clave de país para facerse respectar en Madrid da man dun grupo galego forte nas Cortes. A nacionalista pediu xuntar no BNG o voto de toda a xente que acredita no futuro e lle quere a Galiza  “farta de tanta discriminación e ninguneo” por parte das forzas estatais.

En relación a Redondela, salientou que é preciso seguir a traballar e condicionar as políticas do estado con máis forza e un grupo galego forte eliminando peaxes e facendo que a AP9 sexa galega e pública. Neste sentido destacou que houbo pequenos avances grazas ao empuxe do BNG, coa gratuidade para os viaxes en 24 horas entre Rande e Vigo, pero subliñou que é preciso que a eliminación da peaxe sexa extensiva e universal.  “Queda moito por facer e iso só chegará da man do BNG cun grupo galego forte en Madrid”, insistiu.

Tamén falou a candidata da necesaria instalación de pantallas acústicas para a redución do ruído e a adaptación da infraestrutura á contorna, así como da mellora das vías afectadas pola AP-9, que levan anos sendo unha demanda e que non se dan cumprido. “Hai que ter cara para ás portas das eleccións xerais vir prometer unha vez máis á veciñanza algo para o que levan facendo oídos xordos tanto tempo dende o Goberno”, salientou a nacionalista, en relación ao anuncio dos contratos para estas actuacións realizados recentemente.

No mitin de Redondela participaron o tamén candidato ao Congreso Brais Ruanova; Xoán Carlos González, portavoz municipal do BNG de Redondela; e María Xosé García, candidata ao Senado, quen falou da “non reforma laboral”, da necesidade dun tren de proximidade,  da falta de seguranza viaria nas estradas que cruzan Redondela (rotonda dos Valos), do impacto da Autoridade Portuaria, e da transferencia da antiga Casa do Mar, entre outras cuestións da axenda da vila que se levarán ao Congreso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará