Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible. Os ecoloxistas gañan a batalla ás grandes eólicas.

Belén Rodríguez, de Adega, amosa a súa satisfacción porque os tribunais lles desen a razón.

O TSXG argumenta que existe unha “fragmentación artificiosa” nos proxectos dos macro parques eólicos galegos, e que incumpren a normativa europea. Antes as queixas dos empresarios e da propia Xunta de Galicia que advirten de “perdas millonarias” para a comunidade, os maxistrados advirten que o seu traballo é “garantir a independencia xudicial”. Explican que unha das funcións dun tribunal é “garantir os dereitos da cidadanía fronte o poder económico e tamén o político”.

Desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) lembran que a súa organización leva máis de dous anos advertindo que a tramitación dos parques eólicos era “irregular”. Logo de que os tribunais lle desen a razón seguen coa campaña “Ti podes paralos!” https://tipodesparalos.helpbysc.com/inicio para recadar fondos cos que seguir loitando nos xulgados contra outros parques eólicos que están en tramitación e que atentan contra o patrimonio natural de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp