Caballero afirma en Redondela que Sánchez foi “o mellor presidente para este concello, para Vigo e para a provincia”. O alcalde de Vigo e os candidatos ao Congreso e ao Senado polo PSOE, David Regades e Carmela Silva protagonizaron o encontro coa militancia na praza de Ponteareas xunto a alcaldesa, Digna Rivas, onde advertiron que nestas Eleccións “xogámonos que toda a provincia continúen avanzando”.
Caballero apuntou que “é innegable que Pedro Sánchez foi o presidente máis beneficioso para toda a provincia: a saída sur, o AVE por Cerdedo e a autovía en túnel a Porriño son feitos cuantificables nunha cifra, 1.600 millóns de euros. Eles como non teñen discurso ou argumento refúxianse en palabras baleiras”
Regades, pola súa parte, quixo deixar claro que votar progreso nestas eleccións significa votar ao PSOE, pois nunhas eleccións nas que nos xogamos “moito máis que alternancia política non nos podemos permitir tirar votos” e advirte que “o dano dun goberno PP-VOX será cuantificado nun retorceso de anos”, finalizando, “Feijóo castigará este territorio como fixo estes anos dende a Xunta e como o fixo Rajoy dende o Gobernó de España”.
Silva centrouse na insolvencia do candidato á Presidencia do Gobenro do PP afirmando que “Feijóo non sabe moito de ningún tema, só é experto en ler as mentiras que lle escriben nun papel”.
A alcaldesa socialista Digna Rivas quixo destacar a importancia de do boca a boca nesta campaña, “a única forma de desmentir as burdas mentiras da dereita é saíndo a rúa e falando coa xente da realidade deste goberno”.