Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior aumentará o número de hidrantes e bocas de rego para loitar contra os lumes forestais

comunidades montes

Esta foi unha das medidas anunciadas polo alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, nunha reunión mantida cos representantes das comunidades de montes do concello, na que tamén estivo presente a concelleira de Medio Rural e Comunidades, CharoBouzón. O obxectivo desta reunión era por en coñecemento dos comuneiros as primeiras medidas que o goberno adoptou en materia de xestión do monte e loita contra os incendios así como dar os primeiros pasos para a constitución do Consello de Montes.

Lourenzo anunciou que o goberno traballa para instalar dous novos hidrantes en Soutomaior, que se sumen aos que xa hai no Peirao de Arcade e en Salgueirón. Ademais, instalaranse numerosas bocas de rego nos núcleos rurais, que se sumarán ás que xa hai na zona urbana da concello. Facilitaráselle tamén ás comunidades un mapa actualizado con todos os hidrantes e bocas de rego que se instalen para que poidan coñecer a localización exacta de cada un deles en caso de que se produza un incendio.

Por outra parte, está previsto que o Concello incorpore este 15 de xullo un técnico forestal e traballa para contratar un enxeñeiro forestal a partir de xaneiro de 2024, que se sumará de maneira definitiva ao cadro de persoal municipal. Tanto o técnico como o enxeñeiro forestal encargaranse de traballar man con man coas comunidades de montes, asesorándoas en todo o que precisen. Na xuntanza, o alcalde de Soutomaior lembrou que o goberno sacou a pasada semana un bando de limpeza de fincas e puxo a total disposición dos comuneiros todos os recursos do Concello en materia de limpeza de terreos e loita contra incendios: vehículos, unha motobomba, trituradoras… e avanzou que traballa na compra de batelumes. Todo este material será empregado para que o Concello e as comunidades poidan facer fronte ao lume en caso de que durante o verán se produzan incendios.

Sobre a constitución do Consello de Montes, Manu Lourenzo explicou que o obxectivo é “poñer en valor o monte de todos a través dun traballo conxunto, responsable e optimizado para o cal é fundamental a colaboración coas comunidades de montes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará