Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A elite do remo galego dáse cita en Cesantes

BarcosCesantesF.A

Se a pasada fin de semana as augas de Chapela acollían as bandeiras de tráiñas nas tres categorías da LGT, nesta ocasión será o peirao de Cesantes o punto de encontro do remo galego. O sábado disputarase a I Bandeira Feminina Cesantes-Concello de Redondela e o domingo a VII Bandeira Cesantes-Concello de Redondela da LGT-A. Nos dous casos as regatas comezarán ás 17.00 horas coa enseada de San Simón como pano de fondo. A contorna do peirao e a praia da Punta acollerán a centos de persoas para seguir as competicións nas que participan catro barcos redondeláns, dous do CCD Cesantes, que organiza as probas, e dous do CR Chapela. O CCD Cesantes-Rodavigo tentará facer un bo papel na casa. Polo de agora na LGT-A pelexan pola permanencia nunha liga moi competitiva. Actualmente son 10º, con 21 puntos. En canto á LGT-F, onde se estrean esta temporada, as mozas de Cesantes ocupan un meritorio 4º posto. No caso dos barcos de Chapela, na categoría masculina son terceiros na xeral, mentres que as mulleres lideran a clasificación das traíñs femininas e son as claras favoritas para facerse co título.

A xornada complétase para as traiñeiras de Redondela mañá sábado coa XXXIX Bandeira Concello do Grove da LGT-B, onde compeite o Chapela-Wofco B. Nesta categoría, con tan só dúas regatas disputadas, os de Chapela ocupan o 4º posto.

Fin de semana con desprazamento a Asturias

Na LGT-A e a LGT-F teñen tamén dúas citas na localidade asturiana de Castropol. A primeira o sábado coa XXXV Bandeira Princesa de Asturias, e a seguinte o domingo coa II Bandeira Feminina Princesa de Asturias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará