Un Seat León batía preto das nove da mañá de hoxe contra unha máquina estacionada na beiravía logo de que o seu conductor R.C.R. quedara durmido ao volante. A pesar do aparatoso do accidente tan só hai que lamentar danos materiais
Preto das nove da mañá de hoxe producíase un accidente de tráfico na estrada N-550 entre Redondela e o Porriño. O concutor dun turismo Seat León perdía o control do vehículo que conducía logo de quedar durmido e batía contra unha máquina que se atopaba estacionada no lateral da vía.
O sinistro producíase preto do Alto dos Valos, concretamente á altura do restaurante Casa Herminia e provocaba algunhas retencións na circulación. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais, xa que o condutor e único ocupante do vehículo puido saír polo seu propio pe do turismo accidentado.
Ata o lugar do sinistro achegáronse membros do Grumir, Portección Civil e unha patrulla da garda Civil de tráfico.