Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local reclamará a Portos de Galicia a construción dun novo pantalán en Cesantes

RR_Noticias

A corporación debaterá en pleno un escrito presentado polas asociación culturais e sociais da parroquia para a construcción dunha nova infraestructura e a retirada do actual, que fora derruído o pasado 5 de outubro polo temporal.  

O concelleiro de cultura, Eduardo Reguera, confirmou o apoio total do seu grupo á petición presentada por diferentes colectivos para solicitar do departamento de Portos de Galicia que se retiren de xeito inmediato os restos do embarcadoiro de Cesantes. A infraestructura, que xa se atopaba nun estado moi deteriorado, non aguantou os envites das olas e o vento que dez días atrás afectou a toda a comarca. Dende o goberno local son conscientes do perigo que os restos da plataforma, que seguen flotando na auga, supoñen para as embarcacións que saen faenar na zona. Argumentos como a seguridade e o propio valor turístico do pantalán fan obrigado segundo o edil, que se constrúa unha nova plataforma, que dea servizo tanto aos bañistas como aos propio mariñeiros que traballa na zona O escrito que o alcalde Xaime Rei xa se comprometeu a levar ao vindeiro pleno está asinado pola Circulo Cultural de Cesantes, a confraría de pescadores, a asociación das festas da Virxe do Carme, a comunidade de montes da parroquia, o Obradoiro de estudos locais Fernando Monroy e a asociación de empresarios de Redondela.

Eduardo Reguera
O edil alerta da perigosidade dos restos do pantalán
Novo embarcadoiro
No pleno ordinario de outubro debaterase a solicitude dun novo pantalán a Portos de Galicia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará