Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG compromete a eliminación da peaxe entre Vigo e Redondela de lograr “un grupo forte no Congreso”

bng peaxe

O BNG reclama “unha vez máis” en Rande a eliminación da peaxe entre Vigo e Redondela. Un acto no que estivo presente a candidata nacionalistas ao congreso, Carme da Silva así como o portavoz do BNG en Redondela, Xoán Carlos González que aproveito para reclamar tamén a instalacións urxente das pantallas acústicas en Chapela así como as obras de reposición naqueles servizos e viais que resultaron prexudicados polas obras de ampliación da autoestrada.

Afirmaba o nacionalista que o “PSOE incumpriu un compromiso de investidura coa supresión da peaxe de Rande” e que un grupo forte do BNG en Madrid vai ser quen de “acabar con esta discriminación eliminando definitivamente esta peaxe”. Lembraba tamén que os veciños de Trasmañó e Chapela levan máis de  cinco anos esperando as obras comprometidas como compensación polos prexuizos pola ampliación así como as pantallas acústicas e as obras de reposición de servizos.

Acto de homenaxe aos represaliados e represaliadas polo franquismo

Na tarde de hoxe organizan ás 20.30h no Alto da Concheira un acto en memoria dos represaliados durante o golpe de estado e os anos posteriores do franquismo. Na honra á súa memoria queren, dende a organización nacionalista, render tributo a quen deixou a vida en defensa da liberdade e da democracia. Alertan dende o BNG que as eleccións do 23 de xullo, poden volver a poñer no goberno español aos herdeiros ideolóxicos do franquismo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará