Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manu Lourenzo: “Aspiramos a facer de Soutomaior un concello máis humanizado ao estilo de Allariz”

manu souto

O nacionalista Manu Lourenzo leva un mes ao fronte do concello de Soutomaior, un período que lle serviu para asentarse na alcaldía e poñer ne marcha actuacións nalgúns casos urxentes “como o problema de Pontesa e as negativas repercusións que está a ter entre a veciñanza” pero, sobre todo, para avanzar na elaboración de proxectos de mobilidade e recuperación do patrimonio que terán “unha repercusión importante na vida da veciñanza e no futuro do concello”.

Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior

“Contamos cun goberno forte que nos permitirá sacar importantes proxectos adiante”.

Nunha bisbarra marcada polos gobernos en minoría que están a complicar moito a gobernabilidade en localidades como Redondela ou Pazos de Borbén, a situación en Soutomaior é ben diferente cun goberno de coalición liderado polo nacionalista Manu Lourenzo (6 BNG+1PSOE) fronte aos seis concelleiros cos que conta o PP.

Unha relativa “tranquilidade” que lle permite xa traballar a medio e longo prazo. De feito, máis aló das cousas máis urxentes explica que están a traballar na redacción de proxectos para acometer “actuacións imprescindibles, principalmente no núcleo urbano de Arcade”, actuacións que buscan mellorar a mobilidade e humanizar núcleos urbanos que a día de hoxe son “extremadamente agresivos”. Neste sentido tamén teñen reclamado ao Ministerio de Fomento o calmado de tráfico e actuacións que permitan ao concello “sobrepoñerse ao impacto que ten a N-550 que parte en dous a zona urbana”. Insiste en que o obxectivo é traballar por un concello “máis humanizado, máis accesible e máis vertebrado”. Entende que é viable poñer en marcha actuación urbanísticas en Soutomaior “co mesmo éxito que se fixo noutro concellos ‘marca do BNG’ como Allariz”.

Con todo, no máis inmediato salienta tamén que están a taballar en actividades culturais e deportivas que se están a desenvolver neste mesmo verán. Por como exemplo que hai xa tres programas activos para a mocidade neste meses estivais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará