Os feitos producíronse ao redor das 13:00 horas de hoxe cando por causas que se descoñecen unha fiestra dun dos edificios aos que se accede dende o paseo da Xunqueira, precipitouse ao chan na rúa José Regojo. Minutos antes, unha muller de 70 anos era trasladada en ambulancia a un centro hospitalario logo de caer e resultar ferida cando baixaba pola rúa Subida a Estación.
O irregular da rúa, con tramos sen beirarrúa e cunha rampla en mal estado, así como a súa pendente podería ser a causante do esvarón que provocaba na mañá de hoxe a caída dunha veciña de Redondela de 70 anos de idade que foi trasladada en ambulancia a un centro hospitalario cunha posible fractura de nocello.
Pouco despois o susto era maiúsculo na zona de José Regojo cando se precipitaba ao chan unha fiestra dende un segundo andar. Foi necesaria a intervención dos servizos de limpeza para retirar os cristais e restos da ventá que quedaron espallados pola beirarrúa. Afortunadamente non momento do suceso ninguén transitaba polo lugar exacto no que caeu a fiestra malias que sí había viandantes nas proximidades que non resultaron afectados.