Os 6.454 votos colleitados polo partido de Pedro Sánchez en Redondela converten aos socialistas na forza máis votada neste concello sumando apoios respecto do 2019, cando obtiveran 5.887 papeletas e tamén respecto das municipais de hai tan só un par de meses. En Soutomaior o PP cobra fora con 1.630 votos fronte aos 1.140 do ano 2019. En Pazos de Borbén tamén os populares son os máis votados con 752 papeletas mentres que en Fornelos, feudo indiscutiblemente socialistas, o PSOE logrou 429 votos.
O PSOE mantense como o partido máis votado ne Redondela repetindo o éxito de hai catro anos incrementando incluso o número de votantes que pasan de 5.887 a 6.454. O PP con todo acurta distancias cos socialistas e logra 5.812 votos fronte aos 4.181 do ano 2019 o que supón unha forte subida de máis de 1.600 votos. Sumar sitúase como terceira forza con 2617 o que implica unha caída respecto aos 3.214 logrados por Podemos nos anteriores comicios xerais. Pola súa banda o BNG sería a cuarta forza grazas as 1.947 papeletas obtidas, cunha tendencia á alza ao medrar máis de 700 votos nos últimos catro anos. Os votos de Vox en Redondela caen, e pasan dos 990 no ano 2019 a 731 na xornada de onte.
Soutomaior
En Soutomaior, malia que nas eleccións municipais o BNG é a forza máis votada, nas xerais os veciños deste concello apostan polo PP que se mantén ao fronte con 1.630 votos logrando ademais un forte ascenso respecto ao 2019 (1.140). O PSOE queda con 1.165 logrando tamén experimentar unha suba respecto aos 923 votos obtidos en 2019. O BNG con 850 votos sitúase como terceira forza crecendo respecto as eleccións xerais de 2019 (669) mentres que Sumar queda con 475 papeletas e Vox con 231.
Pazos de Borbén
En Pazos de Borbén o PP lidera as votacións con 752 votos fronte aos 471 do PSOE e os 241 de Sumar. O BNG acada 214 apoios e Voz 119.
Fornelos de Montes
Finalmente en Fornelos a vitoria é novamente para o PSOE que con 429 papeletas mellora incluso os 442 apoios obtidos hai catro anos. O PP sobe notablemente e pasa de 225 papeletas en 2019 a 359 nesta 23X. Sumar e BNG quedan un empate técnico con 75 e 70 papeletas respectivamente, mentres que Vox é a forza elixida pro 43 votantes.