As imaxes de Toni Vacas, Salva Vidal e Luís Sans protagonizan unha mostra que pode visitarse ata mediados de novembro
Os tres fotógrafos forman parte do colectivo Arte-k a través do cal promoven a experimentación no ámbito da imaxe así como a denuncia social a través dos seus traballos. Nesta ocasión reúnen tres visión ben diferentes. Por unha banda un conxunto de imaxes en branco e negro tomadas por Toni Vacas en América Latina ao longo da década dos 90. Fotos que recolle a situación social da infancia e concretamente dos nenos que traballan en situación de explotación na fabricación de carbón de leña O traballo de Luís Sans aborda tamén o tema social, centrándose na opresión da muller na sociedade mentres que Salva Vidal nos presenta imaxes máis experimentais nas que xoga coa estética a partir das fotografías realizadas en diferentes cidades